PROGRAMA PROVINCIAL DE FORMACIÓN CONTINUA


 
Administración do Depto. de Formación


 "PLAN AGRUPADO - 2011"

 

Dende 1998 a Excma. Deputación Provincial de Ourense marcouse a formación continua como un instrumento estratéxico para a modernización da Administración local desta provincia. Tendo en conta a importancia que en calquera proceso de cambio na administración xoga o capital humano, esta Deputación Provincial levou a cabo durante os últimos 13 anos distintos plans de formación continua, en colaboración con outras entidades e institucións de ámbito estatal e autonómico, destinando en xeral as actividades de tódolos programas formativos executados ós traballadores da Administración local da provincia. Con esta iniciativa, a nosa institución tentou abordar os procesos de formación do persoal das entidades locais do seu ámbito territorial, para continuar consolidándose como unha entidade prestadora de servizos ós concellos e ás mancomunidades da provincia.
  

Dende a Deputación de Ourense cremos necesario seguir a manter o labor de formación e reciclaxe profesional do persoal das corporacións locais como unha actividade continua e permanente, pola súa importancia e transcendencia para contribuír á modernización das entidades locais. Por este motivo, un ano máis elaboramos un novo plan de formación continua no marco do AFEDAP, que responde ó compromiso que dende esta institución se ten coa mellora da Administración local.
  

O Programa Provincial de Formación Continua da Deputación de Ourense do ano 2011, foi elaborado, por unha parte, tendo en conta a experiencia formativa desenvolvida por esta institución e, pola outra, partindo dunha rigorosa análise das necesidades formativas reais do persoal da Administración local da provincia de Ourense. Neste plan de formación recóllense as accións formativas que se pretenden levar a cabo durante o ano 2011, co apoio do Ministerio de Política Territorial y Administración Pública, a través do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), e coa colaboración doutras entidades da Xunta de Galicia como a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a través da Dirección Xeral de Administración Local, da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), ou a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa implicación da Federación Galega de Municipios e Provincias ou da Universidade de Vigo entre outros.
 
O noso plan de formación persegue favorecer o proceso de cambio posto en marcha nas entidades locais de Ourense e contribuír a través da actividade formativa á actualización e ó perfeccionamento do capital humano das corporacións locais.

 

 

A programación de actividades deseñada aspira a pór ó alcance dos empregados da Administración local da provincia de Ourense os medios e os recursos necesarios para mellora-la súa cualificación profesional e a súa preparación técnica, abarcando para isto as accións formativas que se relacionan:

 



1.- ÁREA DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS :

  • Acción nº 01: CURSO DE XESTIÓN INFORMÁTICA BÁSICA. (100 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 02: CURSO DE XESTIÓN INFORMÁTICA -I-: WINDOWS 2000/XP, MS-WORD E POWERPOINT 2003. (50 Horas)
  • Acción nº 03: CURSO DE XESTIÓN INFORMÁTICA -II-: MS-ACCESS 2003. (40 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 04: CURSO DE XESTIÓN INFORMÁTICA -III-: MS-EXCEL 2003. (40 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 05: CURSO AVANZADO DE FOLLA DE CÁLCULO CON MS-EXCEL. (40 Horas)
  • Acción nº 06: CURSO DE CREACIÓN DE PRESENTACIÓNS CON MS-POWERPOINT 2003. (50 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 07: CURSO AVANZADO DE MANEXO E CONFIGURACIÓN  DE FERRAMENTAS INFORMÁTICAS. (25 Horas)
  • Acción nº 08: CURSO AVANZADO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL CON PHOTOSHOP CS. (40 Horas)
  • Acción nº 09: CURSO SOBRE CONFIGURACIÓN DE ACTIVE DIRECTORY EN WINDOWS SERVER 2008. (70 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 10: CURSO SOBRE ADMINISTRACIÓN DO SERVIDOR WINDOWS SERVER 2008. (70 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 11: CURSO DE MANEXO E ADMINSITRACIÓN DO XESTOR DE BASE DE DATOS ORACLE. (50 Horas)



2.- ÁREA XURÍDICO E PROCEDIMENTAL :

  • Acción nº 12: CURSO BÁSICO DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO NAS ENTIDADES LOCAIS. (35 Horas)
  • Acción nº 13: CURSO AVANZADO DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO NAS ENTIDADES LOCAIS. (35 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 14: CURSO DE ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA BÁSICA DE RÉXIME LOCAL. (25 Horas x  2 Ed.)
  • Acción nº 15: CURSO SOBRE EXPROPIACIÓN FORZOSA. (30 Horas) 
  • Acción nº 16: CURSO SOBRE NOVIDADES DA LEI DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO. LEI 34/2010. (25 Horas)



3.- ÁREA ECONÓMICO E ORZAMENTARIA :

  • Acción nº 17: CURSO DE CONTABILIDADE PÚBLICA LOCAL. (40 Horas)
  • Acción nº 18: CURSO PRÁCTICO SOBRE AS SUBVENCIÓNS NO ÁMBITO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS. (15 Horas)



4.- ÁREA DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE :

  • Acción nº 19: CURSO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL E AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA. (35 Horas)
  • Acción nº 20: CURSO SOBRE AFORRO ENERXÉTICO E ENERXÍAS RENOVABLES (XEOTÉRMICA E BIOMASA) NA EDIFICACIÓN E URBANISMO. (35 Horas)
  • Acción nº 21: CURSO SOBRE XESTIÓN INTEGRAL DA AUGA. (45 Horas)



5.- ÁREA SOBRE A UNIÓN EUROPEA :

  • Acción nº 22: CURSO SOBRE A ESTRATEXIA EUROPEA 2020 E AS SÚAS INICIATIVAS EMBLEMÁTICAS. (20 Horas)



6.- ÁREA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS :

  • Acción nº 23: CURSO BÁSICO XERAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. (30 Horas - C.D. / Semipresencial)
  • Acción nº 24: CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS SERVIZOS DE XESTIÓN DE R.S.U. E PUNTOS LIMPOS. (40 Horas)
  • Acción nº 25: CURSO DE ACTUALIZACIÓN NO USO E MANTEMENTO DE EQUIPOS DESA. (4 Horas)
  • Acción nº 26: CURSO DE SEGURIDADE PARA O MANEXO DE MAQUINARIA DE OBRAS PÚBLICAS. (40 Horas)
  • Acción nº 27: CURSO DE TÉCNICAS DE CONDUCIÓN SEGURA CON 4x4. (10 Horas)



7.- ÁREA DE FORMACIÓN ESPECÍFICA :

  • Acción nº 28: CURSO DE ELECTROMECÁNICA DE MAQUINARIA DE PARQUES MÓBILES DE ENTIDADES PÚBLICAS. (30 Horas)
  • Acción nº 29: CURSO DE MANIPULADOR-APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS DE NIVEL BÁSICO. (25 Horas)
  • Acción nº 30: CURSO SOBRE PRAGAS E ENFERMIDADES MÁIS COMÚNS EN PARQUES E XARDÍNS. LOITA QUÍMICA, BIOLÓXICA E INTEGRADA. (30 Horas)
  • Acción nº 31: Curso de Policías Locais:
                               “ACTUALIZACIÓN NORMATIVA, PROCEDEMENTO SANCIONADOR E REGULACIÓN DO TRÁFICO EN VÍAS URBANAS”. (20 Horas)
  • Acción nº 32: Curso de Policías Locais:
                                “BOTELLÓN E MENORES”. (20 Horas) 
  • Acción nº 33: Curso de Policías Locais:
                               “ACTUALIZACIÓN NA INTERVENCIÓN POLICIAL ESPECÍFICA”. (20 Horas)  
  • Acción nº 34: Curso de Bombeiros e Protección Civil:
                              “INTERVENCIÓN, AVANCE E SOSTEMENTO EN TERREOS COLAPSADOS”. (30 Horas)  
  • Acción nº 35: Curso de Bombeiros e Protección Civil:
                                “RESCATE URBANO”. (40 Horas) 
     
  • Acción nº 36: CURSO AVANZADO PARA XESTORES DE INSTALACIÓNS E SERVIZOS DEPORTIVOS. (25 Horas)
  • Acción nº 37: CURSO DE CALIDADE NOS SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA. (15 Horas)
  • Acción nº 38: CURSO DE ACTUALIZACIÓN NA XESTIÓN DO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES. (15 Horas)



8.- ÁREA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN :

  • Acción nº 39: CURSO BÁSICO DE ATENCIÓN Ó CIDADÁN NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. (25 Horas)
  • Acción nº 40: CURSO DE INICIACIÓN Ó INGLÉS PARA PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. (80 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 41: CURSO PRÁCTICO DE INGLÉS INFORMÁTICO PARA PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN LOCAL. (25 Horas)



9.- ÁREA DE ORGANIZACIÓN E RECURSOS HUMANOS :

  • Acción nº 42: CURSO DE TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL. (20 Horas - C.D./ON LINE)
  • Acción nº 43: CURSO DE TÉCNICO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS. (200 Horas - C.D./ON LINE)

 

Sala de Reuniones

 

Configúrase así un programa de formación integral, estruturado en 9 áreas formativas e composto por 43 cursos diferentes con edicións centralizadas e descentralizadas, abarcando deste xeito mais de 44 accións formativas, que lles permitirá ós participantes adquirir coñecementos conceptuais, procedimentais e actitudinais, de xeito progresivo e compatible coa súa actividade profesional.

As actividades enmarcadas no presente plan de formación programaranse cuadrimestralmente e serán convocadas a través do BOP, establecéndose nas súas respectivas convocatorias as bases xerais e as características do seu desenvolvemento.

Aula Cruz Vermella

 

O Programa de Formación Continua do ano 2011 está destinado á totalidade do persoal da Administración local da provincia, que abrangue ós 5.060 traballadores públicos locais, sendo os colectivos beneficiarios da execución do plan tódolos grupos profesionais do persoal funcionario, laboral e contratado que desenvolven actualmente a súa actividade dentro dos diferentes servizos das entidades locais de Ourense; se ben, cada actividade vai dirixida a distintos grupos e colectivos profesionais da Administración local, claramente definidos e con diferentes necesidades formativas.


Polo que respecta á localización xeográfica dos cursos, as actividades programadas neste plan desenvolveranse maioritariamente na cidade de Ourense, descentralizando, non obstante, algunhas das accións formativas nos concellos periféricos que se atopen máis distantes da capital, co obxectivo de acercar a formación ós seus destinatarios e facilitar a participación dos traballadores.


O Programa Provincial de Formación Continua da Deputación de Ourense pretende, en definitiva, ser un elemento estratéxico de adecuación dos servizos das entidades locais á realidade social actual; un instrumento eficaz e coherente que permita a adaptación dos profesionais das corporacións locais ós seus postos de traballo, ampliando os seus coñecementos e capacidades e contribuíndo ó desenvolvemento dunha boa xestión pública, á consecución dunha maior eficacia na Administración local, á mellora da imaxe pública e da calidade dos servizos das entidades locais, e en resumo, á progresiva reforma e modernización da Administración local de Ourense.

 

 

Pulsando no enlace pode ve-las accións formativas que se levarán a cabo no actual trimestre:

Aula Progreso




Tamén pode descarga-lo modelo de ficha de inscrición nos cursos nun arquivo en formato *.PDF:

 

Aula Central


Neste enlace pode ve-lo listado de admitidos nas diferentes accións formativas xa convocadas:

Aula Cruz Vermella

Se desexa obter maior información, contacte co noso departamento no enderezo:

DEPUTACIÓN DE OURENSE - NEGOCIADO DE FORMACIÓN


Centro Cultural da Deputación de Ourense
Rúa do Progreso . Nº 30, 2º. 32003 Ourense

Teléfono: 988 385 142  -  Fax: 988 385 215



 

Salón de Actos

 

Correo electrónico:

 

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla